Navegación: Inicio Grupos de Traballo Normalización Lingüística 
Usuario
Contrasinal:

Contactar
Contactar

Modelo de Normalización defendido por NEG

VII Escola de Verán sobre a Normalización Lingüística

GRUPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Homenaxe

A plataforma cidadá ProLingua quere convidalo á Homenaxe Nacional que se lle renderá ao escritor Agustín Fernández Paz o vindeiro 30 de xuño de 2012 en Vigo. O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26).  A seguir haberá un xantar programado para as 15:00 no Restaurante Carrís de Vigo ( Avda. Beiramar, 57).

Moito lle habemos agradecer que nos confirme o antes posible a súa presenza, tanto no referido ao acto de homenaxe como ao xantar posterior. No caso de acudir tamén a este último, informamos que o número de prazas é de 250 que se reservarán por rigorosa orde de recepción, e o prezo pactado para cada comensal de 40 euros.  Para calquera dos casos as reservas faranse neste enderezo de correo-e  homenaxeagustin@gmail.com

O importe do xantar deberá abonarse a través dun ingreso na conta de Novagalicia Banco número 2080 0220 94 3000030913, facendo constar o nome da persoa que fai a reserva e poñendo no recadro do concepto: Homenaxe a Agustín Fernández Paz. Esta será a única reserva válida e deberase mostrar o comprobante do ingreso para participar no xantar.

Co desexo de velo ese día preto de Agustín, reciba un afectuoso saúdo.

A Cerna de ProLingua

P. S

1.      A fin de organizar as cousas o máis ao gusto das persoas que asistan, rogamos a aquelas que vaian vir ao xantar que nos indiquen cal destes dous menús prefiren para o segundo prato:

Pescada en prebe á mariñeira con mexillóns

ou

Xarrete con puré trufado e o seu zume

Para as persoas que non manifesten a súa preferencia entenderemos que prefiren que se lles sirva o menú de carne.

Tamén lle rogamos, co mesmo fin, que nos indique se prefire un menú vexetariano ou se precisa que se lle sirvan un menú especial para celíacos/as

2.      Ao mesmo tempo rogámosvos que difundades a noticia da celebración desta homenaxe entre aquelas persoas que sabedes que lle teñen afecto a Agustin e pensades que puidera non chegarlles este convite.



Documentos
NEG no CELRM
Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Documento presentado polo goberno galego o 30/12/2009
Comunicado sobre a manifestación do 17 de maio do 2009
Manifesto Ensino en galego
Decreto 124/2007 que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo
Referencia de prensa sobre a posición de NEG a respecto do novo Decreto de normalización para o ensino. Maio, 2007
Referencia de prensa sobre a posición de NEG a respecto do novo Decreto de normalización para o ensino. 19.05.07
Comunicado de prensa sobre o novo Decreto de normalización para o ensino. Maio 2007
NEG-Opina sobre o Decreto de 2007 para o ensino
Informe do Consello Escolar de Galiza sobre a situación da lingua galega no ensino (abril, 2007)
Convocatoria de proxectos de ENLs. Marzo 2007
Proxecto de novo Decreto de promoción do galego no ensino (22 de febreiro de 2007)
Modelo de Normalización Lingüística para o sistema educativo galego

Opinar

NEG Opina sobre normalización lingüística - Abril 2007



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com