|
|
 | Núm. 55 da RGE. A organización dos centros escolares |  |
 | Actas do IV Congreso de Patrimonio Etnográfico |  |
 | Como asociarse? |  |
Para asociáreste podes cubrir este formulario e envialo á nosa sede nacional.
|
|
 | Buscador |  |
 | NEG Opina Decembro 2012 |  |
 | A fenda dixital - 2012 |  |
 | A educación no rural en Galiza |  |
 | Vivirmos en galego, o noso dereito |  |
 | A Escola, ¿Punto de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais? |  |
 | A elaboración e adaptación dos materiais curriculares |  |
 | Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia |  |
|
 | Novas |  |
ESTE VENRES, 1 DE XUÑO, DÁ COMEZO EN MELIDE O III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA
Coa proxección do documental de Antonio Caeiro, A memoria nos tempos do volfram, dá comezo en Melide este venres o III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: A GUERRILLA E OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN, que percorrerá, nas xornadas do sábado e do domingo, os campos de concentración franquistas de Padrón, Lousame, Muros e a Península do Barbanza.
FRANCISCO MARTÍNEZ (QUICO), un dos últimos guerrilleiros vivos, será un dos invitados de excepción do Seminario. Quico participou activamente nas actividades guerrilleiras, dacabalo entre Galicia e León, desde os 17 anos, e conserva na actualidade unha lucidez e axilidade física extraordinarias que lle permiten seguir sendo unha testemuña de primeira man, absolutamente fundamental para o coñecemento e a análise do papel da guerrilla na loita contra a ditadura.
No desenvolvemento desta actividade de formación, con certificación oficial e organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais do IES “Félix Muriel” de Rianxo e do IES Melide, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, visitaranse diferentes lugares nos que foron internados prisioneiros antifranquistas na zona, así como as minas de San Finx, en Lousame, significativas pola súa resistencia fronte ao golpe de estado de 1936. Debe terse en conta que os campos de concentración franquistas foron numerosos nas Terras do Sar, de Muros-Noia e na Península do Barbanza.
Ademais de Francisco Martínez, intervirán no Seminario o especialista na resistencia antifranquista XAQUÍN YEBRA, e os estudosos dos períodos da II Republica e o franquismo –con varias obras publicadas sobre o tema e unha máis no prelo– no Barbanza, XESÚS COSTA e XESÚS SANTOS.
Máis información clicando aquí
(ler máis)
|
|
|
|
 | Tamén estamos en... |  |
 | HORARIO DO LOCAL |  |
Horario de atención na sede
Continuado de 8:30 a 14:30 horas
|
|
 | IV SEMINARIO SOBRE A MEMORIA |  |
 | IX XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS |  |
 | ENGÁDESTE? |  |
 | NEG e a lingua (1983-2008) |  |
 | XXV ANIVERSARIO |  |
 | Modelo de Normalización defendido por NEG |  |
|
|