Navegación: Inicio Inicio 
Usuario
Contrasinal:

Buscador


RGE 71

NEG OPINA

Como asociarse?
Para asociáreste podes cubrir este formulario e envialo á nosa sede nacional.

Contacta con nós
Contactar

Materiais didácticos e experiencias educativas innovadoras

Actas do IV Congreso de Patrimonio Etnográfico

A fenda dixital - 2012

A educación no rural en Galiza

A Escola, ¿Punto de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais?

A elaboración e adaptación dos materiais curriculares

Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia

NOVAS
APOIO Á FOLGA DO 8 DE MARZO
O vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o movemento feminista, co apoio de organizacións e colectivos políticos, sindicais e sociais, convoca unha folga xeral e diversos paros parciais das mulleres de alcance internacional. Unha folga que pretende poñer o foco de atención nos diferentes espazos nos que se produce a desigualdade: laboral, educativo, de coidados e de consumo. Neses catro ámbitos estamos convocadas a facer folga as mulleres.

 

Unha convocatoria de denuncia fronte ás desigualdades, ás discriminacións e ás violencias estruturais que sufrimos máis da metade da poboación mundial, as mulleres. Unha convocatoria para a reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario, no que a educación está chamada a ofrecer alternativas concretas, alén da retórica habitual que rodea estes días singulares no calendario.

Nova Escola Galega fai público o seu apoio a esta convocatoria. Secundaremos a folga e acudiremos ás mobilizacións. Facemos un chamamento á participación de todas as mulleres nas diferentes iniciativas reivindicativas.

O modelo de escola pública galega promovido por NEG desde os seus primeiros documentos fundacionais recolle a aspiración a unha escola non sexista e coeducativa, que sexa quen de educar na superación dos estereotipos de xénero dominantes na sociedade. Consonte con este compromiso, ao longo da nosa traxectoria temos denunciado as políticas privatizadoras que alentan unha dobre rede educativa, e mesmo lexitiman e incentivan a existencia de centros que segregan ao alumnado en función do sexo. Alentamos distintas reflexións sobre a necesaria revisión dos tempos escolares en relación cos tempos sociais, dos proxectos educativos de centro, e do curriculum baixo a perspectiva de xénero. Promovemos a elaboración de materiais educativos superadores das etiquetas sexistas e difundimos experiencias innovadoras neste ámbito, coa intención de contribuírmos á reflexión colectiva e a formación docente.

Somos conscientes de que neste camiño hai moito por andar e que os retos educativos multiplícanse e fanse máis complexos a esta altura do século XXI. Precísase, xa que logo, da visibilización do traballo coeducativo, ao que queremos contribuír coas nosas iniciativas. A este compromiso cotiá queremos convocarvos tamén, para recoñecernos derrubando vellos valados e construíndo esa escola pioneira na igualdade.


Manifesto: https://folgafeminista.org/manifesto-folga-feminista/

 


 
Voltar
Tamén estamos en...
Enlace externo  Facebook
Enlace externo  Correo electrónico

RECOÑECEMENTO A SUSO JARES
 Nome
RECOÑECEMENTO A SUSO JARES

PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2018
BASES 11ª EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2018
  Ler máis

OS CANS COMO RECURSO EDUCATIVO

IX SEMINARIO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA

AXUDAS Á FORMACIÓN
Enlace externo  - Axudas Xunta de Galicia para formación do profesorado non universitario 2018

ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL.- II Xornada da Terra de Miranda

XXV ANIVERSARIO NEG

ENGÁDESTE?

NEG e a lingua (1983-2008)

Modelo de Normalización defendido por NEG



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com