Navegación: Inicio Inicio 
Usuario
Contrasinal:

Buscador


SECRETARIADO 2019
SECRETARIADO 2019

NEG OPINA

RGE 74

Como asociarse?
Para asociáreste podes cubrir este formulario e envialo á nosa sede nacional.

Contacta con nós
Contactar

Materiais didácticos e experiencias educativas innovadoras

Actas do IV Congreso de Patrimonio Etnográfico

A fenda dixital - 2012

A educación no rural en Galiza

A Escola, ¿Punto de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais?

A elaboración e adaptación dos materiais curriculares

Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia

NOVAS
ARREDOR DAS ABAU
Nova Escola Galega esixe que a polémica interesada sobre as ABAU non derive nun novo ataque ao marco propio de competencias en materia educativa, rebaixando aínda máis as oportunidades para educar en galego.

A realización das probas ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) envolveuse este ano en polémicas interesadas, propiciándolle un novo chanzo ao discurso recentralizador que exhibe a dereita cando fala de educación.

 

Entre as novas que se sucederon estes días destaca o foco que, na súa “particular” análise, proxectou a CRTVG respecto da presunta desigualdade destas probas entre comunidades autónomas. Nunha nova publicada o pasado día 12, esta entidade pública -menosprezando a lexislación protectora da lingua e que mesmo constitúe un obxectivo legal para ela mesma- destacaba deste xeito a perda de oportunidades que para o alumnado galego supón o actual deseño das ABAU : 11.400 alumnos enfróntanse a unha proba marcada este ano pola seguridade, con controis aleatorios de dispositivos móbiles, pero tamén pola polémica polas desigualdades entre comunidades, en que os nosos rapaces saen perdendo. Examínanse dunha materia máis, a de galego, e a maiores as probas son más difíciles e os criterios de corrección, máis esixentes”.

 

Non podemos aceptar que desde un medio de comunicación cuxa creación e razón de ser se sustenta precisamente na existencia dunha lingua e unha cultura propias, e que ten a obriga legal de as difundir e protexer, se alimente a idea de que a presenza do galego no sistema educativo resta oportunidades ao alumnado do país. Este tipo de titulares resultan incompatibles coa misión dun medio de comunicación público e galego. Lonxe de alentar unha análise sosegada e respectuosa cos xa minorizados marcos nos que se move o ensino en galego, afóndase na visión do idioma como un exceso prescindible, neste caso para competir no acceso ao ensino universitario.

 

Non é tolerable que a CRTVG -cuxos estatutos establecen que “no desenvolvemento do seu obxecto social, promoverá e difundirá a cultura e identidade de Galicia e contribuirá ao uso e ao coñecemento da lingua galega”- proxecte unha idea da nosa lingua que fornece os prexuízos e o desleixo que desde hai séculos impiden a súa normalización: o galego como un idioma para andar pola casa, unha pexa para transitar ao mundo universitario.

 

Se cadra non é accidental este titular, ben ao contrario. Trátase de crear opinión favorable e manter en circulación unha profunda estratexia de recentralización educativa, da que o goberno galego é un activo principal. Nesta ocasión, as ABAU son un bo pretexto nun contexto especialmente “quente”, na semana da súa realización e con dúas organizacións políticas da dereita neoliberal -Cs e PP-


solicitando unha única proba -a poder ser idéntica, en palabras do propio Presidente Feijoó-, recuperando para a ocasión o coñecido “mantra” da existencia de 17 sistemas educativos diferentes, que propician a desigualdade. Unha proba única e idéntica no conxunto do estado implicaría que o coñecemento sobre a propia realidade (social, económica, cultural etc.) non sería obxecto de avaliación nin, se cadra, de tratamento curricular.

 

Un debate partidario que conduce sempre a un mesmo horizonte: someter algunhas comunidades ao filtro recentralizador, impoñendo un currículo que prescinda das particularidades de cada territorio e que faga do alumnado un perfecto analfabeto respecto da cultura de seu.

 

Nova Escola Galega denuncia a irresponsabilidade deste medio de comunicación e a do propio presidente do país, deixando unha vez máis á intemperie o coidado e a protección da nosa lingua e da nosa cultura; abandonando á súa sorte a institución escolar no seu traballo a prol da normalización do galego e dun currículo escolar que permita o coñecemento do patrimonio propio en toda a súa extensión.

 

Como se sabe, a ABAU ten un peso dun 40% na cualificación final que dá acceso á universidade, recaendo a porcentaxe maior –o 60%- na nota media dos dous cursos de Bacharelato. Na procura desa suposta igualdade de oportunidades a través da homoxeneización dos exames, o seguinte paso pode ser reclamar probas estandarizadas idénticas para todas as materias obxecto de avaliación, prescindindo de vez da autonomía dos centros e do criterio profesional do profesorado ou dos equipos docentes no desenvolvemento do currículo, elementos retóricos e ornamentais que poden sacrificarse en aras dun “ben maior”, a recentralización educativa; iso si, disfrazada de preocupación pola equidade. Un desacougo sobrevido desde o que a dereita non entra a analizar a principal anomalía do sistema: a diferenciación entre os centros públicos e privados no que atinxe ás cualificacións, entre outros moitos aspectos que afectan á igualdade de oportunidades.

 

Lonxe -coma sempre que se polemiza sobre educación- dunha reflexión sensata, apoiada en análises e datos relevantes, e na que se puidesen escoitar e contrastar as voces da comunidade educativa, dos profesionais dos distintos ámbitos do ensino e das institucións implicadas, dáselle pulo a un debate mediático apresurado e tendencioso, colocado no momento menos oportuno posible, agochando que existen mecanismos de coordinación entre as distintas administracións que se poden activar para evitarmos diferentes situacións de inequidade no acceso ao ensino universitario, sen necesidade de invadir competencias das administracións educativas e respectando os marcos curriculares que pretenden –con non poucos atrancos- proporcionarlle ao alumnado un coñecemento da propia realidade desde o que entender o conxunto do mundo.

 

Xuño de 2019.

 


 
Voltar
Tamén estamos en...
Enlace externo  Facebook
Enlace externo  Correo electrónico

XV XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS

XXXIII Encontro galego-portugués de Educadoras/es pola Paz - AGGAPAZ

POR UNHA ESCOLA PÚBLICA E LAICA

FOLGA FEMINISTA 8M

PROPOSTAS DE TRABALLO "CASTELAO MAXISTRAL"

RECOÑECEMENTO A SUSO JARES
RECOÑECEMENTO A SUSO JARES

PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2018
BASES 11ª EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2018
  Ler máis

XXV ANIVERSARIO NEG

ENGÁDESTE?

NEG e a lingua (1983-2008)

Modelo de Normalización defendido por NEG



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com