Navegación: Inicio Publicacións Revista Galega de Educación 
Usuario
Contrasinal:

A última...

Editorial
BILINGÜISMO ADITIVO versus BILINGÜISMO SUBSTRACTIVO
Esta é a cuestión (That is the question)

Estabamos nun proceso lento de normalización, isto é, de afirmación dalgúns piares para a sustentabilidade da lingua galega, como lingua propia de Galicia, á beira do castelán, nun contexto de moi graves ameazas para a súa continuidade como instrumento clave na nosa vertebración social e cultural...

(máis información)

A Revista Galega de Educación

A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.

Pero a partir do ano 1997, algúns problemas, en particular ligados á produción editorial, fixeron entrar en crise todo o proceso de elaboración da revista -redacción, produción e difusión-. Así, en maio do ano 2000, a situación vese sometida a unha revisión, xa iniciada con algunha anterioridade, no seo de Nova Escola Galega, a resultas da cal se decide interromper provisionalmente a edición, cando se levaban editados 33 números e a publicación gozaba dun ampla difusión e recoñecemento profesional e social.

A RGE, que inicia agora a súa segunda etapa -de periodicidade cuadrimestral-, defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.

A RGE pretende tamén contribuír a articular e a ofrecer instrumentos de expresión e comunicación escrita ao conxunto de sectores profesionais e sociais que postulan orientacións e supostos construídos ao amparo do modelo de Escola Pública. Pretende axudar, por tanto, a impulsar un clima e unha mentalidade pedagóxicos propicios -desde a perspectiva teórica, didáctica e metodolóxica- para acadar un sistema educativo público galego renovado e democrático.



Presentación do número
A presenza da música tradicional na escola pode ser contemplada desde diferentes perspectivas.

En canto que saber transversal de uso potencial en calquera materia do currículo.

Se nas diferentes propostas editoriais (libros de texto, cadernos de actividades, fichas adaptadas…) é xa habitual o emprego de cantigas, moitas delas tradicionais, para reforzar, complementar e facilitar a aprendizaxe de contidos de coñecemento do medio, das linguas ou das matemáticas, son outros os aspectos a explorar desde o cancioneiro popular galego pois, tanto polas estruturas lingüísticas, polo vocabulario e polos temas que tratan como polos ritmos ou cadencias melódicas, resultan máis próximas e accesibles ao universo infantil e, en consecuencia, máis eficaces como recurso educativo. Neste senso pode resultar moi interesante e sorprendente a aplicación directa das cantigas nas metodoloxías lecto-escritoras a través da correcta entoación, do fraseo e da vocalización...

(máis información)

Núm. 47. A música tradicional
Sumario

Hemeroteca
Núm. 46. Aulas hospitalarias
Núm. 45. A inspección educativa
Núm. 44. Xente, espazos e lugares
Núm. 43. Diversidade e inclusión
Núm. 42. A Formación Profesional
Núm. 41. Literatura oral e educación
Núm. 40. A arte da educación
Núm. 39. A orientación
Núm. 38. Competencia dixital e ferramentas TIC
Núm. 37. O patrimonio lúdico galego
Núm. 36. Familias e escolas
Núm. 35. Os museos
Núm. 34. A atención á diversidade

Cómo subscribirse

 

Prezo de susbcrición: 25 € (3 números)

 

Si aínda non estas subscrita/o podes facelo de distintas formas:

 

1. Descargando e enviando por correo normal á nosa dirección o boletín de subscrición:

Boletín de subscrición

 

2. Cubrindo este formulario de subscrición electrónica e enviándoo por correo electrónico. (Neste caso, de momento non é posible a domiciliación bancaria)

 

Se queres máis información sobre o proceso de subscrición contacta con nós no seguinte enderezo:

rge.subscricions@mundo-r.com




Puntos de venda da RGE

Tarifas de publicidade

A RGE nos medios de comunicación
Galicia Hoxe, 15/06/2010
La Voz de Galicia, 9 xaneiro 2009
Xornal da USC, 8 xaneiro 2009
A Voz de Vilalba, decembro 2008
La Voz de Galicia, 26 agosto 2007
El Progreso, 15 xullo 2007
La Voz de Galicia, 12 xullo 2007
La Voz de Galicia, 1 xullo 2007
Atlántico Diario, 19 abril 2007
La Voz de Galicia, 18 abril 2007
Faro de Vigo, 18 abril 2007
La Voz de Galicia, 22 abril 2007
El Progreso, 30 marzo 2007
El Progreso, 28 marzo 2007
Galicia Hoxe, 24 marzo 2007

Comentarios
Se desexas achegar algún comentario sobre a revista, contacta con nós.
Contactar



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com