Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2006 XX Encontro Galego - Portugués de Educadoras e Educadores pola paz 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación

Cumprimos vinte anos de Encontros Galego-Portugueses de Educadoras e Educadores pola Paz (XX Encontro Galego e XIII Galego-Portugués). Nesta ocasión voltamos, remontando as augas do rio Minho que nos une, á augusta cidade de Lugo, unha das máis antigas da Gallaecia romana.

Nesta edición, nas mesmas vésperas do día internacional da clase traballadora, o motivo central da parte máis reflexiva do Encontro será a educación para o desenvolvemento: aprender a solidariedade. A nosa proposta de reflexión pretende abrir os ollos do intelecto e do corazón ás tremendas situacións de desigualdade nas nosas sociedades e no planeta que habitamos, mais tamén ás posibilidades, reais e atinxíbeis, de desenvolvemento das persoas e dos pobos, así como ás nosas relacións co resto do mundo natural, necesariamente prexudicados por este modelo de desenvolvemento. Outro mundo, certamente, é posíbel.

Constituída a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ), que aglutina as persoas unidas por estes Encontros e por unha perspectiva educadora desde e para a paz, a democracia real e os dereitos humanos, é necesario o acto individual de adesión e participación na asociación e no seu mantemento. E ademais queremos, e así será presentado á súa Asemblea, que o primeiro grande acto con repercusión internacional que a nosa asociación debe promover, sexa o recoñecemento do profesor Xesús Jares, por todo o seu labor educativo, investigador e de difusión da educación para a paz, ao longo de xa vinte e cinco anos de experiencia profisional, nos entornos galego, portugués, español e latinoamericano, nomeadamente. O XX encontro debe converterse no punto de partida deste recoñecemento e homenaxe, e motivo de celebración para todas as persoas comprometidas coa paz.

Ademais, os Encontros reservan parte do seu tempo para a práctica nos obradoiros, coñecer experiencias, libros e materiais, xogar cooperativamente, bailar danzas do mundo, etc. E, especialmente, encontrarnos, compartir os nosos proxectos, ilusións, problemas e dificuldades na construción dun mundo máis pacífico e xusto. Todo desde o compromiso coa búsqueda da verdade e a esperanza.

Por iso, e contando coa excelente acollida do concello e do pobo de Lugo, agardamos a vosa presenza e participación activa. Até abril, SEMPRE!



Documentación
Programa Encontro

Ficha técnica

Título da actividade:
XX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS E EDUCADORES POLA PAZ

Datas de celebración:
28, 29 e 30 de ABRIL de 2006

Lugar de celebración:
Hotel Torre de Núñez. - Lugo


Cotas de inscrición:
1. Matrícula e pensión completa a fin de semana en cuarto duplo:
a) Socias/os de NEG ; socias/os do MEP; estudantes e desempregadas/os até 5 de abril: 90 €. Despois desa data: 100 €.

b) Resto das persoas: 100 € até o día 5 de abril. Despois desa data o prezo é de 110 €.

Para facilitar o aloxamento AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS NON HABERÁ HABITACIÓNS INDIVIDUAIS, agás posíbeis casos excepcionais dos que se informe na inscrición. Nos casos autorizados pola organización pagarase un suplemento de 30 €.

2. Só matrícula (Se for necesario, darase prioridade a quen se matricule en pensión completa) :
a) Ata o día 5 de abril: 
 - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 30 €.
 - Resto: 40 €.
b) Despois do 5 de abril:
 - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 40 €.
 - Resto: 50 €.
Media pensión: Estas persoas poderán xantar e/ou cear no hotel co resto dos participantes facéndoo constar na inscrición en Observacións e abonando á organización o importe correspondente por comida/refeição.

Forma de pagamento:
-Información: agappaz@mundo-r.com
-Inscricións por correo electrónico, correo postal ou fax, acompañadas de copia do resgardo de pagamento a:

PORTUGAL:
EB1 nº 8 do Barreiro, Rua de Cabo Verde, 2830 Barreiro (Portugal)
Tfno/Fax:. 212 03 34 19 (Helena Proença)
Correo electrónico: helena.proenca@netvisao.pt

 CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos       (Barreiro – Portugal)
 NIB: 003501410009181330087 da Caixa Geral de Depósitos
                                   

GALIZA:
Nova Escola Galega
Rúa Betanzos, 1 – 1º, 15703 Santiago de Compostela (Galiza, España)
Tel. 981 56 25 77
 CONTA a nome de: Educadores pola Paz
 Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.


Inscrición:
-Información: agappaz@mundo-r.com
-Inscricións por correo electrónico, correo postal ou fax, acompañadas de copia do resgardo de pagamento





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com