Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2006 Medio rural galego: A necesidade dunha resposta educativa 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Comunicacións admitidas
Cartel
Matrícula
Programa

Prensa
Xornal.com, 31-Out-2006
Xornal.com, 24-Out-2006
Faro, 2-nov-2006
Comunicado núm. 2
Comunicado núm. 1

Conclusións
PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS
(Podes ver o documento completo de conclusións clicando no enlace "máis información").

1. Demandar do goberno galego no seu conxunto e do Parlamento unha política sobre omedio rural de carácter integral, quesitúe a problemática do rural de maneira prioritaria como unha das apostas estratéxicas da acción política.

2. Instar o apoio das distintas consellerías e das universidades galegas para afondar no coñecemento do medio rural nos seus diferentes ámbitos, a través de iniciativas de investigación e estudos de distinto carácter (socioeconómico, antropolóxico, educativo, etc).

3. Reclamar unha sensibilidade distinta sobre o papel da institución escolar neste medio, posibilitando repensar a idea de escola desde parámetros propios, e non desde aaplicación mimética de modelo urbanos. Neste senso, e no entanto non exista unha planificación con plantexamentos específicos para o medio rural, reclámase da administración educativaque conxele a política de peche de escolas unitarias e que dote dos recursos humanos e materiais necesarios a todos os centros escolares,de maneira que calquera neno ou nena poida ser escolarizado no seu propio medio nas mesmas condicións de calidade. Da mesma maneira debe avanzarse no recoñecemento dos dereitos laborais do profesorado que traballa no rural.

4. Repensar a escola en relación as necesidades específicas do medio rural pasa pormedidas de carácter curricular. Na situación actual de modificacións curriculares por mor do desenvolvemento da Lei de Ordenación Educativa (LOE) solicítase que os deseños curriculares, partindo dunha idea de escola realmente inclusiva, incorporen,entre outros elementos, a perspectiva rural.

5. Desde unha perspectiva de colaboración e de creación de sinerxías,solicítase das distintas consellerías edepartamentos implicados na acción educativa no medio rural,a apertura emantemento,como método de traballo,de canles de interlocución de carácter estable cos colectivos e organizacións que durante décadas veñen construíndo de maneira seria e rigorosa alternativas de traballo pedagóxico no medio rural, co obxecto de:
- Posibilitar un seguimento das liñas de acción política que sexan de aplicación.
- Dar a coñecer, a modo de “boas prácticas”, experiencias de riquísimo valor pedagóxico

6. Instar ás universidades galegas a que aproveiten a oportunidade do próximo cambio de plans de estudo,para introducir en todas aquelas titulacións do campo pedagóxico –maxisterio, educación social, pedagoxía, psicopedagóxia, etc- unha formación específica en relación ao traballo educativo no medio rural.

7. Reafírmase a vontade de seguir mantendo relacións de colaboración con distintos colectivos e organizacións do conxunto do Estado e doutros países, a fin de intercambiar información e experiencias sobre a educación no medio rural.

(máis información)

Presentación

MEDIO RURAL GALEGO.

A NECESIDADE DUNHA RESPOSTA EDUCATIVA


XUSTIFICACIÓN:      

 

Desde hai xa varias décadas vense producindo un deterioro acelerado  nas condicións de vida que afectan ao medio rural. Esta situación, resultado da aplicación de políticas dominadas por unha clara orientación economicista e regresiva, corre o risco de cronificarse se non se introducen de maneira decidida liñas de acción política tendentes a lograr a sostenibilidade do rural en todas as súas dimensións.

 

Desde o ámbito educativo é urxente rachar coa política de “racionalización administrativa” que se traduce invariablemente no aforro e a negación de recursos, afogando as potencialidades culturais e educativas que nun medio como o rural poden desenvolver os centros de ensino e outras accións educativas.

 
Cómpre, xa que logo, poñer en valor a capacidade de resposta dos distintos colectivos que veñen traballando neste medio co obxectivo de ofrecer alternativas que permitan mudar progresivamente as circunstancias que afectan ao rural.

 

OBXECTIVOS:          

 

1.      Analizar a situación actual do medio rural galego en termos de  oportunidades e ameazas para o seu desenvolvemento.

 

2.      Analizar e debater o papel da educación na situación actual do medio rural.

 

3.      Reflexionar e debater as propostas de intervención sobre a educación no medio rural elaboradas por distintos colectivos e axentes educativos.

 

4.      Coñecer as liñas da acción política do goberno galego para o medio rural nos seus diversos ámbitos.

 

5.      Elaborar un documento que sirva de diagnóstico e aporte achegas alternativas para presentar ao goberno galego, ao Parlamento e á sociedade en xeral.



Documentación
Novos horizontes no medio rural
Preescolar na Casa nunha proposta de sistema educativo integrado
Plan de emerxencia para a atención educativa do rural
Manifesto da Mesa de Educación no Rural sobre o peche de escolas
Comunicado dos pais e nais de Covas
A Mesa de Educación no Rural
Diversidade, educación e medio rural

Galería de imaxes

Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.

Ficha técnica

Título da actividade:

I Encontro de debate: "Medio rural galego, a necesidade dunha resposta educativa".

 

Datas de celebración:

27 e 28 de outubro de 2006

 

Lugar de celebración:

Museo Pedagóxico de Galiza - Santiago de Compostela

 

Destinatarios/as:

Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.

 

Nº máximo de participantes:

50, por rigorosa orde de inscrición.

 

Nº de horas:

12 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

 

Cotas de inscrición:

Ordinaria: 20 €

Socios/as de Nova Escola Galega: 15 €

Parados/as e estudantes (é precisa xustificación documental): 15 €

 

Forma de pagamento:

Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273

 

Inscrición:

Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento a:

I Encontro de debate: Medio rural

Nova Escola Galega

Apdo. 586

15700 Santiago de Compostela

Fax: 981 562 577
Correo-e: neg@mundo-r.com





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com