Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2016 I CONGRESO INTERNACIONAL E III XORNADAS DE EDUCACIÓN SOCIAL E ESCOLA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- INSCRICIÓN
- PROGRAMA

Presentación

Para que?

  • O primeiro obxectivo será continuar analizando a figura da educadora/or social no ensino e a súa valoración dende o eido profesional e escolar.  Así mesmo, reflexionaremos como é percibido o noso traballo por outros axentes.
  • Queremos  coñecer  a realidade noutros territorios do Estado, especialmente  naqueles que teñen maior experiencia e, por suposto, en territorios irmáns como Portugal.
  • Trataremos de presentar a figura profesional da educadoras e o educador social ás administracións públicas para que analicen o xeito de implantala no sistema educativo galego.
  • Coñeceremos o que se está a facer no ámbito local da nosa Comunidade coa presentación de experiencias que se están desenvolvendo.
  • Presentaremos obradoiros que faciliten as aprendizaxes e o manexo, dun xeito práctico, no contexto de intervencións e accións de calidade no ámbito escolar regrado.
  • Compartiremos experiencias, inquedanzas e saberes a través de exposicións e comunicacións.
  • Coñeceremos os diferentes  modelos de traballo que se están a desenvolver entre Educadoras e Educadores Sociais e o profesorado, tanto en Galiza como noutras comunidades ou no País Veciño.
  • Faremos visible ás empresas, entidades, medios de comunicación e sociedade en xeral a relevancia da figura profesional da Educación Social neste ámbito.

 Para quen?

Este congreso vai dirixido moi especialmente a profesionais do Ensino e da Educación Social con vontade de traballo conxunto.

 A estudantes e profesorado universitario das facultades de Educación Social e Maxisterio nas que nos atopamos e coas que colaboramos.

 A outras/os profesionais e entidades relacionadas co mundo educativo (AMPAS, entidades do terceiro sector..) interesadas en mellorar a calidade do sistema educativo.

 Persoas doutras comunidades con desexo de compartir e intercambiar experiencias.

 Técnicos/as de administracións, especialmente corporacións locais implicadas en políticas educativas.

 Medios de comunicación e sociedade en xeral preocupados pola mellora do sistema educativo galego.

Comunicacións/pósters

A proposta de comunicación/póster deberá ser enviada á Secretaría Técnica do Congreso: st.edusoescola@ceesg.org, xunto coa ficha técnica (Anexo I) e a declaración xurada de propiedade intelectual (Anexo II), antes do 15 de MAIO de 2016.

Toda a información aquí.

Páxina web da actividade: http://edusoescola.wix.com/congreso



Documentación

.

Ficha técnica

I CONGRESO INTERNACIONAL E III XORNADAS DE EDUCACIÓN SOCIAL E ESCOLA.

Unha análise da última década.

Ourense, 30 de setembro e 1 de outubro de 2016

Matrícula:

Ata o 30 de xuño de 2016

Reducida: 30 €

Xeral: 50 €

Do 1 de xullo ao 23 de setembro de 2016

Reducida: 45 €

Xeral: 75 €

*Reducida para colexiados/as do CEESG, asociados/as de NEG e estudantado das universidades.

 

Conta de ingreso: ES41-0081-0499-61-0001046708 (Banco Sabadell)

 

Cubre a inscrición online ou ben envíaa xunto co xustificante de pagamento a st.edusoescola@ceesg.org





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com