Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas IX SEMINARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- FICHA DE INSCRICIÓN
- PROGRAMA DO SEMINARIO DE AVALIACIÓN 2018

Presentación

DESCRICIÓN XERAL

O IX Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos presenta características especiais a diferenza de anos anteriores.

Neste seminario reflexiónase  sobre as características e o proceso de implementación dos materiais didácticos dixitais nas escolas. Ofrece a oportunidade de analizar o que supón o proxecto E-DIXGAL no contexto galego e de coñecer experiencias educativas innovadoras de interese para o profesorado. Para isto, teremos en conta os resultados obtidos no proxecto de investigación Escuel@ Digit@l financiado polo Programa Estatal  I+D+i orientado aos Retos da Sociedade e coordinado polo profesor Manuel Area da Universidade de La Laguna (Tenerife). Este proxecto de investigación, pretente analizar o estado actual da produción, distribución e utilización pedagóxica nas aulas dos contidos dixitais educativos ou materiais didácticos en liña destinados á Educación Primaria en tres comunidades do Estado español (Canarias, Valencia e Galicia). No estudo participan varios membros de Cavila e de Universidades Galegas.

Obxectivos do Seminario:

1. Dar a coñecer as achegas que sobre os Materiais Didácticos Dixitais atopamos en Galicia a través do estudo mencionado.

2. Coñecer o que está acontecendo noutras comunidades.

3. Aportar reflexións ao redor do que acontece na realidade galega no relativo ao emprego dos Materiais Didácticos Dixitais .

4. Coñecer  os materiais didácticos na era dixital actual a través da reflexión entre diferentes ámbitos relacionados coa educación.

5. Analizar o papel do libro de texto no contexto da escola dixital.

6. Ofrecer recursos (guías de avaliación e/ou técnicas de análise) para a avaliación dos materiais de diferentes ámbitos (videoxogos, libros dixitais, música, infantil, etc.).

Metodoloxía do seminario:

A metodoloxía do seminario varía con respecto a anos anteriores, contando cunha mesa redonda, presentacións de diferentes experiencias en centros educativos da comunidade e debate sobre as guías de avaliación de materiais didácticos que veremos durante a sesión.

 



Documentación

Ficha técnica

IX SEMINARIO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS.OS MATERIAIS E RECURSOS DIXITAIS EN GALICIA. QUE HAI D E NOVO?

12 e 13 de abril de 2018. Facultade de CC. da Educación. Campus Vida.  Santiago de Compostela.

 

N° máx. de asistentes: 80 persoas.

 

Horas: 8h (solicitada a homologación para o profesorado á Xunta de Galicia)

 

Matrícula:

-  Ata o 23/3/2018

Ordinaria: 25 €

Desempregad@s: 20 €

Soci@s: 15 €

-  Desde o o 24/3/2018 ata o 6/4/2018

Ordinaria: 35 €

Desempregad@s: 30 €

Soci@s: 25 €

*Deberase acreditar no seu caso a condición de desempregad@

 

Inscricións:

Enviarase cuberto o formulario da inscrición, xunto coa copia do ingreso bancario (indicar nome, apelidos e nome da actividade) ao enderezo e/ou correo-e sinalados a continuación:

 

Nova Escola Galega

Rúa das Hedras, 4-2ºO

O Novo Milladoiro – 15895 AMES (A Coruña)

neg@neg.gal

 

Ingresar na conta de Nova Escola Galega en ABANCA

Núm. de conta: ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

 

 

 





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com