Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XXXIII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- Programa da actividade
- Folla de inscrición

Presentación

PRESENTACIÓN

 

A científica india e ecofeminista Vandana Shiva vén sinalando desde hai anos que para evitarmos unha terceira guerra mundial teremos que procurar novas maneiras de coidar e repartir equitativamente a auga potable nesta terra, pois a auga sustenta a vida.

Polo contrario, as guerras destrúen a vida, mais a súa violencia directa constitúe un só síntoma dun sistema-mundo fundamentalmente inxusto. Outros síntomas maniféstanse, como explica Johan Galtung, a través da violencia cultural e estrutural da fame, da falta de atención médica, do desemprego, do analfabetismo, da xenofobia, da misoxinia detrás do feminicidio… todo iso nun contexto ambiental tan deteriorado que en termos ecoloxistas xa se fala de ecocidio. Ante esta realidade desconcertante e insustentable, non vale mirar para outro lado ou pensar que non temos responsabilidade ningunha.

Como educadoras e educadores, temos que imaxinar, vivir e transmitir valores, actitudes e comportamentos que enchoupen de Paz e sustentabilidade as relacións entre nós e coas demais especies, poñendo en práctica o respecto, a empatía, os coidados, a solidariedade e a nonviolencia. Isto, e non outra cousa, é educar e educármonos para a Paz: cultivar unha nova conciencia que contribúa a unha anhelada transición ecosocial e que denuncie a suposta necesidade de primar os gastos militares (para a morte) fronte aos gastos civís (para a vida): educación, sanidade, conservación do medio ambiente.

Por tanto, o noso cometido colectivo con este XXXIII Encontro é fomentar a cultura da nonviolencia por medio de pedagoxías ecopacifistas. Este ano, o Día Escolar da Nonviolencia e da Paz serviunos para facer eco dalgunha das experiencias socioeducativas e comunitarias a salientar neste plano ecoloxicamente pro-activo. Por outra banda, contamos coa lembranza do 10º aniversario na nosa memoria de Suso Jares, que sigue con nós. Somos realistas, pedimos o imposible. A imaxinación ao poder!



Documentación

Ficha técnica

XXXIII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ – AGAPPAZ

Reciclar, Reutilizar, Reducir, Repartir: Repensando a Nonviolencia desde o Ecopacifismo

O Carballiño 3, 4 e 5 de maio de 2019

Lugar:  Residencia de Tempo Libre do Carballiño

Matrícula:

Ata o 6 de abril:

Só inscrición:

- Socios/as de NEG, socios/as de MEP, desempregados/as e xubilados/as: 40 €

- Resto de inscricións: 50 €

Inscrición + pensión completa:

- Socios/as de NEG, socios/as de MEP, desempregados/as e xubilados/as: 95 €

- Resto de inscricións: 105 €

Inscrición + xantares e ceas:

- Socios/as de NEG, socios/as de MEP, desempregados/as e xubilados/as: 83 €

- Resto de inscricións: 93 €

*A partir do día 6 de abril os prezos incrementaranse 10 €.

ESTUDANTES: 35 € 

Cubrir a folla de inscrición telemática e enviar o xustificante de pagamento e calquera outro tipo de documentación requerida a neg@neg.gal

*Indicar nome + Encontros Paz na transferencia.





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com