Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL: III XORNADAS DA TERRA DE MIRANDA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Avaliación da actividade realizada polas persoas participantes
Ficha de inscrición
Programa

Prensa
A Mariña Xa outubro 2019
COPE da Costa - Ribadeo, 22 outubro 2019
Crónica 3 A Mariña 22 outubro 2019
TIC Audiovisuais Deputación de Lugo 22 outubro 2019

ONDE COMER E ONDE DURMIR
PARA DURMIR EN MEIRA
  Ler máis
PARA DURMIR EN RIOTORTO E NA PONTENOVA
  Ler máis
PARA COMER
(CASA RODIL - As Rodrigas 982 34 65 50) (MESÓN O MAZO - Ferreiravella 982 16 16 77) (A TABERNA DE MONTSE - A Órrea 699 82 91 55)  

Conclusións
Ao longo dos debates que tiveron lugar nas tres edicións celebradas ata o momento das Xornadas, puxéronse sobre a mesa algunhas posibles iniciativas para desenvolver na comarca. Entre outras, as seguintes:

· Abrir os centros á contorna (tecido empresarial, oferta cultural e de ocio...).
· Coñecer a historia da comarca e saber a onde debemos chegar.
· Conseguir un ciclo agroforestal para a zona.
· Coordinar de xeito estreito as iniciativas de recuperación dos xogos tradicionais existentes, especialmente dos bólos mirandeses con, entre outras estratexias, a formación de xuíces/zas das diferentes competicións.
· Crear o consello comarcal de asociacións e entidades sociais da Terra de Miranda.
· Crear o consello escolar comarcal da Terra de Miranda.
· Crear un asociación de roteiros da Terra de Miranda, para melloralos, coidalos e divulgalos, entre outras estratexias programando un calendario anual para realizalos.
· Crear unha rede de empresas da Terra de Miranda.
· Crear, incluso a través de equipos de profesorado dos diferentes centros, unidades didácticas sobre a Terra de Miranda que favorezan a integración no medio.
· Dar visibilidade á realidade da comarca, tamén, a través dos blogues dos centros escolares.
· Darlle protagonismo ao rural na formación formal e informal. · Darlles visibilidade ás empresas da comarca. · Debater criterios de ordenación do territorio forestal.
· Desde o ámbito político, escoitar as voces dos colectivos de base e das parroquias.
· Educar para respectar a Terra.
· Formar na prevención de incendios.
· Identificar necesidades, fortalezas e debilidades da comarca a todos os niveis.
· Identificar recursos colaborativos. · Identificar referentes rurais para os nenos/as.
· Integrar o rural no currículo escolar.
· Introducir as “prácticas labregas” na educación.
· Introducir nas actividades complementarias dos centros elementos relacionados co medio rural.
· Levar as empresas aos centros.
· Optar por vías que afonden nas novas maneiras de traballar (teletraballo, novas tecnoloxías...).
· Organizar foros de debate centrados na mocidade da comarca.
· Poñer en contacto os escolares co tecido produtivo da comarca.
· Promocionar a gandaría extensiva, a agricultura de precisión e o turismo.
· Protexer o medio natural e os cidadáns.
· Realizar obradoiros de formación para todas as idades.
· Realizar periodicamente reunións de representantes das asociacións veciñais e dos colectivos de base en xeral para elaborar unha programación comarcal de actividades conxuntas, eventos, cursos, charlas...
· Ter en conta a importancia do asociacionismo e de asociármonos.
· Ter en conta as cooperativas e as asociacións de “amas de casa”.
· Traballar na formación en protección do medio natural e de conservación de recursos económicos, forestais, arquitectura, urbanismo, vivenda para inmigrantes...
· ...


Presentación
A convocatoria dos Encontros constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.

Obxectivos da actividade.-

1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.


Documentación
Presentación de Xosé Manuel Beiras realizada por Federico Pérez Morán
Álbum fotográfico das Xornadas
"Aquí la tierra", programa da RTVE sobre os ferreiros mirandeses (min. 17.00) 24 nov 2019
Documentación utilizada polos/as relatores/as

Ficha técnica
Título da actividade:
ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL
III Xornadas da Terra de Miranda

Datas de celebración
25 e 26 de outubro de 2019

Lugar de celebración: .
Centro Sociocultural "Avelino Díaz", As Rodrigas - Riotorto (Lugo) 
(43º20'31''N - 7º15'42''O)

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
A inscrición é gratuíta para o público en xeral.

Cotas de inscrición para as persoas que desexen homologación da actividade (12 h. de formación) recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Ata o 22 de outubro de 2019
Socios/as de Nova Escola Galega: 5 €.
Parados/as: 10 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 15 €.

Desde o 23 de outubro de 2019
Socios/as de Nova Escola Galega: 10 €.
Parados/as: 15 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 20 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA
IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com