Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O CAMBIO CLIMÁTICO 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
PROGRAMA

XORNADAS ADIADAS!!!
ATENCIÓN! XORNADAS ADIADAS
Estas Xornadas foron adiadas ata despois do verán. Comunicaremos as novas datas polo comezo do curso. Grazas.  

Presentación

Xustificación

A emerxencia climática é probablemente o principal reto socio-ambiental ao que a humanidade ten que se enfrontar. Una crise de dimensións planetarias con consecuencias claramente observables no presente e que se incrementará e agravarán a medio e longo prazo. Diversos organismos internacionais veñen poñendo de manifesto, unha vez máis, a importancia da educación para o cambio climático (EpCC) requirindo a integración nos distintos niveis do sistema escolar da formación específica para actuar diante desta emerxencia. A irrelevancia do CC nos deseños curriculares actuais (conceptos, dimensións, estratexias...) mingua a abordaxe do problema e o logro dos obxectivos de adaptación e mitigación que a cidadanía precisamos para o enfrontamento inaprazable da crise climática. As Xornadas oriéntanse a incrementar a sensibilización do profesorado neste tema alentando saberes, estratexias e recursos que favorezan a EpCC.

Obxectivos da actividade

1. Aproximarse ao CC como un problema complexo, global e con conexións individuais e colectivas.

2. Reflexionar sobre as implicacións para o sistema escolar da Declaración de Emerxencia Climática.

3. Analizar as representacións sociais que o profesorado e o alumnado teñen arredor do CC.

4.
Promover iniciativas de Investigación-Acción participativa nos centros para o desenvolvemento de estratexias de Educación para o Cambio Climático (EpCC).

 



Ficha técnica

Lugar e data de celebración: Virtual. Plataforma TEAMS - Mércores, xoves e venres 9, 10, 11 de xuño de 2021. De 16,30 a 19:30 h.

Persoas destinatarias: Persoal docente do ensino público e concertado (infantil, primaria e secundaria; en activo, mínimo 70% , ou en paro, máximo 30%).

Prazas: 60

Inscrición: https://forms.gle/gza4tPVSmzt4cCDV8

Para calquera dúbida ou aclaración : neg@neg.gal





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com