Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XI SEMINARIO SOBRE A MEMORIA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
· Díptico
· Cartel XI Seminario sobre a Memoria
· Programa
· Acceso ao formulario de inscrición

Presentación
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en terra das Augas Quentes. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza.

Obxectivos
Obxectivos da actividade
Obxectivos da actividade 1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en terra das Augas Quentes . 2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos dias. 3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado. 4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza. 5. Colaborar na consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos.  

Documentación
· Ligazóns a artigos das persoas homenaxeadas
· Revista LINHAS
· Campo das Laudas 1
· Campo das Laudas 2
· Campo das Laudas 3

Ficha técnica
Ficha técnica



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com