Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2021 XIII SEMINARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación
Chega a celebración do XIII SEMINARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS. Nesta nova convocatoria contaremos cun convidado moi especial para nós, prof. Dr JAUME MARTÍNEZ BONAFÉ (Universidade de Valencia) porque nos acompañou na posta en marcha desta actividade xa hai 13 anos. Nesta edición participará nunha primeira sesión coa impartición da Conferencia "Sentido e significado do libro de texto na sociedade dixital" e na segunda parte do seminario, realizará a presentación da obra Carbonell Sebarroja, J. e Martínez Bonafé, J. (2020) "Otra Educación con cine, litratura y canciones" (Barcelona: EditorialOctaedro). O libro recolle unha diversidade de recursos e propostas cinematográficas de gran valor e interese para profesorado e educadores/as.

Documentación
· Artigos - Jaume Martínez Bonafé

Ficha técnica
Data: luns, 22 de novembro.
Hora: de 18 a 21 h.
Modalidade: en liña; de balde.
Ligazón de inscriciónhttps://cutt.ly/WRNOrrk
Prazo de inscrición: ata o 19 de novembro, ás 14 h.
Programa:
18:00. Acto de inauguración.
18:15. Conferencia: Sentido e significado do libro de texto na sociedade dixital. Jaume Martínez Bonafé. Profesor xubilado da Universitat de València e especialista en materiais didácticos.
19:15. Espazo para o diálogo.
19:45. Presentación do libro: Otra educación con cine, literatura y canciones. Autoría: Carbonell Sebarroja e Martínez-Bonafé.
20:30. Clausura.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com