Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas I Encontro sobre a educación nos medios de comunicación 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación
Título da actividade: I ENCONTRO SOBRE A EDUCACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


ACTIVIDADE EN PREPARACIÓN


Algúns contidos previstos: Dada a incidencia que ten na opinión pública a perspectiva mediática, as finalidades desta actividade céntranse en: 
  • Posibilitar un encontro entre educadores e profesionais do periodismo para analizar o tratamento de certas temáticas educativas nos medios de comunicación,
  • Achegar aos profesionais do periodismo determinadas claves desde as que resulta factible abordar temas educativos de gran trascendencia social indo máis aló dos tópicos ou dun tratamento simplificador das realidades analizadas.
  • Colaborar na optimización do potencial educativo dos medios de comunicación e facer deles un instrumento "aliado" da escola fronte a determinados temas que deben ser obxecto prioritario de reflexión e compromiso da cidadanía.

As temáticas a abordar por parte de recoñecidos especialistas en educación e xornalismo serán aquelas que, por distintos motivos, focalizan a atención dos medios e, á súa vez, requiren un maior compromiso dos distintos axentes sociais.

Destinatarios/as: Profesionais dos medios de comunicación e educadores/as, membros da comunidade educativa en xeral.



Ficha técnica




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com