Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas V Ciclo de cine e historia: En Transición 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Inscrición en liña
Matrículas admitidas
Ficha de inscrición
Programa

Prensa
Voz, 3 setembro

Presentación
Xustificación:
Despois dun ano de transición, durante o cal o Colectivo Sine Nomine continuou a súa reflexión sobre a historia do presente, realízase a convocatoria deste V Ciclo de Cine e Historia, produto unha vez máis da colaboración entre o Colectivo e Nova Escola Galega.

A renacida idea da convocatoria do Ciclo vén dada pola boa acollida que tiveron as catro primeiras edicións, e como tema central do mesmo escolléronse os anos inmediatos á caída do ditador, uns anos especialmente significativos na historia inmediata precisamente por terse construído neles, cos seus pasos cara adiante a cara atrás, o actual sistema político, un sistema que por outra parte, semella que está comezando a ser revisado con certa profundidade.

O título –“En Transición”- deste V Ciclo, responde unha vez máis ao feito de que a Asociación Cultural Sine Nomine estea formada por profesorado fundamentalmente de Xeografía e Historia e Ciencias Sociais de ensino secundario e universitario, que se sente preocupado pola historia do presente e por como esta historia pode ser explicada nas aulas desde unha perspectiva crítica. Na actualidade non hai que esquecer o revisionismo histórico que nos invade e a utilización política que se fai da mesma.

Desde esta perspectiva está na intención do Colectivo intentar ofrecer ao profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas se incorporen tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta ao diálogo cos rapaces e rapazas. Precisamente por iso as proxeccións escollidas tentan tratar sempre unha problemática candente aínda, actual e que promova unha mirada crítica á historia que nos ocupa.

Engádese, como xa é tradición no Ciclo, a cada proxección unha conferencia cunha persoa experta na época, nun intento de que sexan abertos horizontes de pensamento, discusión e reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase.

De cara ao alumnado tamén se entregará material didáctico que facilite a preparación da clase correspondente.

Obxectivos:
1. Analizar a transición política desde a óptica histórica, en xeral, pero especialmente desde a perspectiva didáctica.
2. Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currícula a historia da transición e a súa repercusión no mundo actual.
3. Sensibilizar os asistentes sobre a posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.
4. Dotar o profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.
5. Facilitar o encontro entre o profesorado de Primaria e Secundaria, e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais.
6. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico diante de problemas sobre os que, por seren coñecidos, ás veces non somos quen de reflexionar detidamente.

Acceso á información sobre a última edición celebrada:

(máis información)

A Asociación Cultural Sine Nomine

Ficha técnica
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SINE NOMINE E POR NOVA ESCOLA GALEGA

Título da actividade:
V Ciclo de Cine e Historia: "En Transición"

Datas de celebración: 
14, 21 e 28 de outubro, e 4 e 11 de novembro de 2010

Lugar de celebración:
SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS, Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n). Santiago de Compostela

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais.
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.

Nº máximo de participantes:
150, por rigorosa orde de inscrición

Nº de horas: 
19 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

Cotas de inscrición:
Ata o 30 de setembro de 2010
Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 30  €. 
Parados/as socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 20  €  (é precisa xustificación documental).
Parados non socios/as: 30  €  (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 65  €.

Desde o 1 de outubro de 2010
Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 45 €.
Parados/as socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 35 € (é precisa xustificación documental).
Parados non socios/as: 45 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 75 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en CAIXA GALICIA: 2091 – 0300 – 45 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com