Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas VIII Xornadas Ciencia e Territorio: Aspectos xeolóxicos no Camiño de Santiago (I) 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Inscrición en liña
Matrículas admitidas
Ficha de inscrición
Programa

Prensa
Cerne, agosto
Voz, 6 xullo
Correo, 6 xullo

Aloxamento en Baralla
Outros establecementos nos que é posible pernoctar
Ante algunhas dificultades xurdidas para atopar aloxamento en Baralla, pregamos que cada persoa interesada confirme o seu cuarto persoalmente. Ademais das dúas posibilidades que aparecen no programa da actividade, nestes establecementos tamén é posible conseguir aloxamento: - Fonda Zarralleiro (982 363 331). - Pensión O Vilarpunteiro (982 363 341). - Casa Lexo (982 363 306).  

Presentación
O ensino non pode ser concibido sen que intente achegar o medio social, natural, económico e cultural á escola. É por iso polo que a partir do ano 2003, Nova Escola Galega e os Departamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais do IES Melide propuxeron, nunha convocatoria anual, unhas xornadas de estudo, inicialmente centradas na comarca da Terra de Melide, pero que a partir deste ano se amplían a todo o ámbito galego.

A convocatoria nacía coa pretensión de ser exemplificadora a respecto de como os educadores e educadoras podemos aproveitar os recursos didácticos que nos ofrece o medio, e niso seguimos, aínda que o currículo relativo ao medio físico parece minguar a cada curso que pasa (desaparición das materias de Xeoloxía e Ciencias Medio Ambientais, optatividade para a materia de Ciencias da Terra, marxinalidade para a de Xeografía de Galicia...).

Despois de seren exploradas as posibilidades didácticas da Xeoloxía, da Xeomorfoloxía, da Botánica, da Arqueoloxía, da Auga (I e II) e dos Procesos glaciares e periglaciares en Galicia, as VIII Xornadas Ciencia e Territorio pretenden afondar en aspectos moi concretos da Xeoloxía galega. Aproveitando o evento do Xacobeo 2010 e, en concreto, a ruta do chamado Camiño Francés, que corta case perpendicularmente os diferentes tipos litolóxicos e estruturas xeolóxicas da Galicia oriental, faremos un transecto leste-oeste da mesma estudando os aspectos antes referidos.

Obxectivos da actividade

1. Coñecer in situ os diferentes tipos litolóxicos da Galicia oriental.
2. Coñecer in situ diferentes estruturas xeolóxicas da Galicia oriental.
3. Coñecer, para o seu posterior emprego educativo, particularmente, as posibilidades didácticas que nos ofrecen os aspectos xeolóxicos antes referidos.
4. Comprender a importancia dos recursos xeolóxicos.
5. Coñecer o traballo de investigación, relativo ao obxecto destas Xornadas, levado a cabo no ámbito universitario.

Se queres acceder á última edición celebrada, clica aquí

(máis información)

Ficha técnica
Título da actividade:
VIII Xornadas Ciencia e Territorio. Aspectos xeolóxicos no Camiño de Santiago (I).

Datas de celebración:
13, 14 e 15 de setembro do 2010.

Lugar de celebración:
Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Melide.
Traballo de campo en diferentes lugares de Galicia.

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais.
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Naturais.
Profesorado de Ensino Secundario en xeral.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
24 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os traslados en autobús e os xantares de campo).

Ata o 29 de xullo de 2010
Socios/as de Nova Escola Galega:  40  €.
Parados/as:  50  €   (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria:  80  €.

Desde o 30 de xullo de 2010
Socios/as de Nova Escola Galega:  50  €.
Parados/as:  60  €   (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria:  90  €.


Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en CAIXA GALICIA: 2091 – 0300 – 45 – 3040089500


Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com