|
 | NEG Opina sobre o tema Abril 2010 |  |
 | NEG Opina sobre o tema Xaneiro 2010 |  |
 | NEG Opina sobre o tema Xuño 2009 |  |
 | Manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego |  |
|
 | Presentación |  |
Vivirmos en galego, o noso dereito
O goberno galego anunciou a derrogación inmediata do decreto en vigor sobre a utilización do galego no ensino e como primeiro chanzo da desfeita puxo en marcha a realización dun cuestionario dirixido ás familias no que estas poderán dar a súa opinión ao respecto. Nos vinte e cinco anos de existencia de Nova Escola Galega non lembramos ningunha outra ocasión –e houbo motivos abondo- en que se utilizase instrumento tal para coñecer a opinión de toda ou parte das comunidades educativas.
A auténtica intención do cuestionario é, sen dúbida, a de sustentar politicamente mediante unha consulta pseudodemocrática o deseño dun retroceso normativo da presenza do galego no sistema educativo. É por iso que Nova Escola Galega puxo en marcha unha serie de iniciativas –moitas delas de xeito unitario con boa parte dos colectivos relacionados co ensino- que pretenden informar ás familias sobre a situación creada con esta medida gobernamental. Esta sección do web pretende ser un punto de encontro de todas as iniciativas que persigan acadar un dereito tan elemental como o de podermos vivir en galego no noso día a día.
|
|
 | Documentos |  |
 | Ligazóns |  |
|
|
 | A lingua que queremos |  |
 | NEG e a lingua (1983-2008) |  |
|
|