Navegación: Inicio Publicacións Revista Galega de Educación 
Usuario
Contrasinal:

A última...

Número especial sobre os 25 anos da RGE

Campaña de subscrición

A RGE nos medios de comunicación
Programa "Diario cultural" da Radio Galega, 15 abril 2016
Programa "Zig Zag" da TVG, 12 abril 2016
Programa "Zig Zag" da TVG, 30 marzo 2016
El Correo Gallego, 6 maio 2016
As Crebas, bitácora de Miro Villar, 5 maio 2016
Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 2
Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 1
Presentación de Lugo, 19 novembro 2013
Presentación de Lourenzá, 10 marzo 2012
Presentación de Boiro, 16 febreiro 2012
Presentación de Pontevedra, 15 de febreiro de 2012
Faro de Vigo, 9 de febreiro de 2012
Presentación de Silleda, 27 xaneiro 2012
Presentación de Santiago. 18 xaneiro 2012
Presentación de Melide. 13 xaneiro 2012
· La Voz de Galicia, 5 agosto 2010
· Galicia Hoxe, 15 xuño 2010
· La Voz de Galicia, 9 xaneiro 2009
· Xornal da USC, 8 xaneiro 2009
· A Voz de Vilalba, decembro 2008
· La Voz de Galicia, 26 agosto 2007
· El Progreso, 15 xullo 2007
· La Voz de Galicia, 12 xullo 2007
· La Voz de Galicia, 1 xullo 2007
· Atlántico Diario, 19 abril 2007
· La Voz de Galicia, 18 abril 2007
· Faro de Vigo, 18 abril 2007
· La Voz de Galicia, 22 abril 2007
· El Progreso, 30 marzo 2007
· El Progreso, 28 marzo 2007
· Galicia Hoxe, 24 marzo 2007

ACTOS REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN
- PRESENTACIÓN DA RGE 74 "FILOSOFÍA PARA NENAS E NENOS" EN COMPOSTELA (18/02/2020)
- PRESENTACIÓN DA RGE 74 "FILOSOFÍA PARA NENAS E NENOS" EN LUGO (05/02/2020)
- ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN RGE 75 CONSELLO DA CULTURA GALEGA (30/01/2020)
- MESA REDONDA "A ESCOLA QUE QUEREMOS" EN AMES (12/06/2019)
- PRESENTACIÓN DA RGE 73 "ENSINAR... NON SEN O TEATRO" EN COMPOSTELA (28/05/2019)
- MESA REDONDA NO ATENEO DE SANTIAGO SOBRE "A ESCOLA QUE CONSTRUÍMOS" (21/05/2019)
- PRESENTACIÓN DA RGE 72 "SERVIZOS COMPLEMENTARIOS" EN AMES (20/03/2019)

Presentación do número
DESAFÍOS PARA A MEMORIA. RETOS DO PASADO NO PRESENTE EDUCATIVO

A construción e reconstrución da memoria configura procesos comprometidos co noso pasado e presente, poñendo en valor voces e pegadas invisibilizadas, ocultadas ou ignoradas no devir do tempo. É precisamente da toma de conciencia deste esquecemento, desta amnesia intencionalmente normalizada, que emerxe o desexo de comprender e de asumir responsabilidades, tamén no plano educativo.

A desmemoria, en moitos casos froito da coacción, do medo ou mesmo da conformidade e da aceptación sumisa, non pode ser aceptada sen mediar a análise histórica, estando chamada a reconstruír esa “memoria confiscada”. Nesta liña, ao longo de todo o país desenvólvense proxectos de moi diversa índole sobre o tema, proxectos entre os que se encontra, por exemplo, o Seminario da Memoria –que no ano 2019 celebrou a súa décima edición– promovido por Nova Escola Galega. Uns e outros proxectos están conseguindo abordar, aos poucos, moi diversos aspectos relacionados coa recuperación da memoria histórica.

(…)

(máis información)

Contidos do número e abstracts do monográfico
Núm. 76. Memoria para o presente

Editorial
XERACIÓN NÓS (ELES/ELAS... E MAIS NÓS)

Hai cen anos saía adiante a Revista Nós como afirmación socio-cultural e lingüís­tica dun grupo de pensamento e de acción galeguizadora e democrática. Fa­cíao con antecedentes varios, como a creación das Irmandades da Fala coa edición de A Nosa Terra, e de camiño viría a do Seminario de Estudos Galegos (1923). A importancia que estas iniciativas tiveron para a historia social, política e cultural de Galicia transcendeu aquel tempo, de modo que falamos da Xeración Nós (nun sen­tido lato, ao que aquí nos acollemos). E tamén nos alimentamos da memoria fértil das loitas e iniciativas do pasado: vendo e recoñecendo o valor daquelas iniciativas e loitas queremos incorporalas para o noso presente, pois queremos seguir labran­do HOXE novas iniciativas galeguizadoras e democráticas.

(…)

(máis información)

Avance do próximo número

Avance do núm. 77: Coeducar, unha tarefa imprescindible (título provisional)
No día a día reproducimos estereotipos machistas sen nos decatar porque vivimos nunha sociedade patriarcal; as familias, os medios de comunicación e tamén o sistema educativo contribúen a perpetualos. A incoherencia entre o que pensamos e o que facemos (currículo oculto) delata o peso da socializaci ... (ler)

A Revista Galega de Educación

A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.

Pero a partir do ano 1997, algúns problemas, en particular ligados á produción editorial, fixeron entrar en crise todo o proceso de elaboración da revista -redacción, produción e difusión-. Así, en maio do ano 2000, a situación vese sometida a unha revisión, xa iniciada con algunha anterioridade, no seo de Nova Escola Galega, a resultas da cal se decide interromper provisionalmente a edición, cando se levaban editados 33 números e a publicación gozaba dun ampla difusión e recoñecemento profesional e social.

A RGE, que iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa -de periodicidade cuadrimestral-, defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.

A RGE pretende tamén contribuír a articular e a ofrecer instrumentos de expresión e comunicación escrita ao conxunto de sectores profesionais e sociais que postulan orientacións e supostos construídos ao amparo do modelo de Escola Pública. Pretende axudar, por tanto, a impulsar un clima e unha mentalidade pedagóxicos propicios -desde a perspectiva teórica, didáctica e metodolóxica- para acadar un sistema educativo público, galego, renovado e democrático.

Na hemeroteca pódese acceder aos números da RGE ata o 42 (incluído). A partir deste número aparecen só os sumarios. En breve poderase acceder a todos sendo subscritor/a.



ENTREVISTA A MICHAEL APPLE
Entrevista de Antía González Ben a Michael Apple (separata do núm. 60 da RGE)

RGE - Contidos dixitais
Enlace externo  RGE 68. Entrevista sobre a situación do ensino da filosofía no Brasil

Hemeroteca 1ª época (1986-1999)
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4
Núm. 33. Educación e dereitos humanos
Núm. 32. Escola e sociedade da información
Núm. 31. A educación infantil
Núm. 30. Programas educativos europeos
Núm. 29. Orientación escolar e titoría
Núm. 28. Educación teatral
Núm. 27. Educación social
Núm. 26. No centenario de Celestin Freinet
Núm. 25. A normalización da lingua na encrucillada
Núm. 24. As avaliacións
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4

Hemeroteca 2ª época (2005- )
Páxina 1 de 5  |  1 2 3 4 5
Núm. 75. A nova escola, hoxe (sumario-abstracts)
Núm. 74. Filosofía para nenos e nenas (sumario-abstracts)
Núm. 73. Educar... non sen o teatro (sumario-abstracts)
Núm. 72. Servizos complementarios (sumario-abstracts)
Núm. 71. A titoría educativa (sumario-abstracts)
Núm. 70. Aprendizaxe por proxectos (sumario-abstracts)
Núm. 69. Ciencias Sociais para o ben común (sumario-abstracts)
Núm. 68. Os videoxogos, máis ca unha modalidade do xogo humano (sumario-abstracts)
Núm. 67. Educación e servizos sociais (sumario-abstracts)
Núm. 66. Infancias, desprotección social e educación (sumario-abstracts)
Páxina 1 de 5  |  1 2 3 4 5


Cómo subscribirse

Prezo de susbcrición anual: 34 € (3 números/ano)
Prezo de susbcrición anual asociados/as de NEG: 30€ (3 números/ano)

 

Se aínda non estás subscrita/o podes facelo enviando por correo electrónico ou ordinario este boletín de subscrición:

Boletín de subscrición

 

Se queres máis información sobre o proceso de subscrición contacta con nós no seguinte correo:

neg@neg.gal



Tarifas de publicidade

Puntos de venda da RGE

Normas de publicación

ORGANIGRAMA RGE



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com