|
 | Núm. 83. Creadoras de contido |  |
 | Núm. 82. Cultura, territorio e socioeducación |  |
 | Campaña de subscrición |  |
 | A RGE nos medios de comunicación |  |
| Programa "Diario cultural" da Radio Galega, 15 abril 2016 |
| Programa "Zig Zag" da TVG, 12 abril 2016 |
| Programa "Zig Zag" da TVG, 30 marzo 2016 |
| El Correo Gallego, 6 maio 2016 |
| As Crebas, bitácora de Miro Villar, 5 maio 2016 |
| Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 2 |
| Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 1 |
| Presentación de Lugo, 19 novembro 2013 |
| Presentación de Lourenzá, 10 marzo 2012 |
| Presentación de Boiro, 16 febreiro 2012 |
| Presentación de Pontevedra, 15 de febreiro de 2012 |
| Faro de Vigo, 9 de febreiro de 2012 |
| Presentación de Silleda, 27 xaneiro 2012 |
| Presentación de Santiago. 18 xaneiro 2012 |
| Presentación de Melide. 13 xaneiro 2012 |
| · La Voz de Galicia, 5 agosto 2010 |
| · Galicia Hoxe, 15 xuño 2010 |
| · La Voz de Galicia, 9 xaneiro 2009 |
| · Xornal da USC, 8 xaneiro 2009 |
| · A Voz de Vilalba, decembro 2008 |
| · La Voz de Galicia, 26 agosto 2007 |
| · El Progreso, 15 xullo 2007 |
| · La Voz de Galicia, 12 xullo 2007 |
| · La Voz de Galicia, 1 xullo 2007 |
| · Atlántico Diario, 19 abril 2007 |
| · La Voz de Galicia, 18 abril 2007 |
| · Faro de Vigo, 18 abril 2007 |
| · La Voz de Galicia, 22 abril 2007 |
| · El Progreso, 30 marzo 2007 |
| · El Progreso, 28 marzo 2007 |
| · Galicia Hoxe, 24 marzo 2007 |
|
|
 | ATENCIÓN, NOVA WEB DA REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN |  |
NOVA WEB DA RGE
Xa se pode consultar a nova web da RGE, onde se irán incluíndo os contidos actualizados. Grazas.
Ler máis
|
|
 | ACTOS REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN |  |
 | Presentación do número |  |
CREADORAS DE CONTIDOS
O ser humano tivo dende o inicio dos tempos a necesidade de comunicarse e de transmitir o coñecemento aos seus semellantes. Ao longo dos séculos a tecnoloxía foi facilitando e modificando este proceso, xurdindo medios que permitiron que cada vez máis persoas se achegasen á información e ao coñecemento. Pero, se nos primeiros medios de comunicación de masas o proceso comunicativo era unidireccional e as audiencias tiñan o papel de receptores e consumidores da información creada por uns poucos, todo cambiou coa chegada de Internet e coa súa evolución como rede social onde as e os internautas reciben pero tamén crean información, ocupando un novo papel de prosumidores.
(máis información)
|
|
 | Contidos do número e abstracts do monográfico |  |
 | Editorial |  |
TENSIÓNS POLÍTICAS NO DESENVOLVEMENTO DA LOMLOE
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE) veu ser o piar que serviu de base para a LOMLOE, Lei orgánica 3/2020, aprobada o 29 de decembro. Unha lei necesaria para substituír a LOMCE, porque reafirma a educación pública, promove a inclusión en todos os centros sostidos con fondos públicos, reforza a orientación aconfesional, atende máis os dereitos da infancia, reforza as capacidades curriculares das CCAA, como a de Galicia, fronte ao conservador rearme españolizador, devolve capacidades de decisión e de autonomía aos centros escolares, promove a responsabilización docente, reordena áreas, incorpora instrumentos para a mellora dos procesos de aprendizaxe e esixirá a necesaria avaliación da competencia lingüística adecuada nas dúas linguas oficiais.
(máis información)
|
|
 | Avance do próximo número |  |
Avance do número 84. Cambio climático (título provisional)
A pesar das diferentes manifestacións do negacionismo arredor do cambio climático, o certo é que as novas xeracións deben ser protagonistas da loita contra a nosa propia autodestrución, precisamente porque o que está en xogo é o mundo no que a esas xeracións lles tocará vivir.
|
|
|
 | A Revista Galega de Educación |  |
A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.
Pero a partir do ano 1997, algúns problemas, en particular ligados á produción editorial, fixeron entrar en crise todo o proceso de elaboración da revista -redacción, produción e difusión-. Así, en maio do ano 2000, a situación vese sometida a unha revisión, xa iniciada con algunha anterioridade, no seo de Nova Escola Galega, a resultas da cal se decide interromper provisionalmente a edición, cando se levaban editados 33 números e a publicación gozaba dun ampla difusión e recoñecemento profesional e social.
A RGE, que iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa -de periodicidade cuadrimestral-, defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.
A RGE pretende tamén contribuír a articular e a ofrecer instrumentos de expresión e comunicación escrita ao conxunto de sectores profesionais e sociais que postulan orientacións e supostos construídos ao amparo do modelo de Escola Pública. Pretende axudar, por tanto, a impulsar un clima e unha mentalidade pedagóxicos propicios -desde a perspectiva teórica, didáctica e metodolóxica- para acadar un sistema educativo público, galego, renovado e democrático.
Na hemeroteca pódese acceder aos números da RGE ata o 42 (incluído). A partir deste número aparecen só os sumarios. En breve poderase acceder a todos sendo subscritor/a.
|
|
 | ENTREVISTA A MICHAEL APPLE |  |
 | RGE - Contidos dixitais |  |
 | Hemeroteca 1ª época (1986-1999) |  |
 | Hemeroteca 2ª época (2005- ) |  |
|
 | Como subscribirse |  |
Prezo de susbcrición anual: 34 € (3 números/ano) Prezo de susbcrición anual asociados/as de NEG: 30€ (3 números/ano)
Se aínda non estás subscrita/o podes facelo enviando por correo electrónico ou ordinario este boletín de subscrición:
Boletín de subscrición
Se queres máis información sobre o proceso de subscrición contacta con nós no seguinte correo:
neg@neg.gal
|
|
 | Organigrama |  |
 | Normas de publicación |  |
 | Tarifas de publicidade |  |
 | Puntos de venda (a RGE pode solicitarse desde calquera librería de Galicia) |  |
|
|