Navegación: Inicio Publicacións Revista Galega de Educación 
Usuario
Contrasinal:

A última...

Número especial sobre os 25 anos da RGE

Campaña de subscrición

A RGE nos medios de comunicación
Programa "Diario cultural" da Radio Galega, 15 abril 2016
Programa "Zig Zag" da TVG, 12 abril 2016
Programa "Zig Zag" da TVG, 30 marzo 2016
El Correo Gallego, 6 maio 2016
As Crebas, bitácora de Miro Villar, 5 maio 2016
Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 2
Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 1
Presentación de Lugo, 19 novembro 2013
Presentación de Lourenzá, 10 marzo 2012
Presentación de Boiro, 16 febreiro 2012
Presentación de Pontevedra, 15 de febreiro de 2012
Faro de Vigo, 9 de febreiro de 2012
Presentación de Silleda, 27 xaneiro 2012
Presentación de Santiago. 18 xaneiro 2012
Presentación de Melide. 13 xaneiro 2012
· La Voz de Galicia, 5 agosto 2010
· Galicia Hoxe, 15 xuño 2010
· La Voz de Galicia, 9 xaneiro 2009
· Xornal da USC, 8 xaneiro 2009
· A Voz de Vilalba, decembro 2008
· La Voz de Galicia, 26 agosto 2007
· El Progreso, 15 xullo 2007
· La Voz de Galicia, 12 xullo 2007
· La Voz de Galicia, 1 xullo 2007
· Atlántico Diario, 19 abril 2007
· La Voz de Galicia, 18 abril 2007
· Faro de Vigo, 18 abril 2007
· La Voz de Galicia, 22 abril 2007
· El Progreso, 30 marzo 2007
· El Progreso, 28 marzo 2007
· Galicia Hoxe, 24 marzo 2007

ACTOS REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN
- Presentación en Santiago do nº 67 da Revista Galega de Educación. O 31 de maio de 2017 ás 19h na Libraría Couceiro
- Presentación en Lugo do nº 66 da Revista Galega de Educación. O 5 de abril de 2017 ás 13h no Centro Integrado de Formación Profesional
- Presentación na Coruña do nº 66 da Revista Galega de Educación. O 28 de marzo de 2017 ás 12:30 na Fac. de C. da Educación
- Presentación en Compostela da RGE 65 "A lingua na educación infantil". O 1 de marzo ás 19h. Fac. C. da Educación (Campus Norte)
- Presentación en Compostela do nº 66 da Revista Galega de Educación. O 22 de febreiro de 2017 ás 10:30 na Fac. de C. da Educación
- Presentación en Compostela da RGE 65 "A lingua na educación infantil". O 20 de decembro ás 19:30h na Fac. de Filosofía (Mazarelos)
- Presentación en Ames da RGE 65 "A lingua na educación infantil". O 30 de novembro ás 19h. no EEI Milladoiro.
- Presentación en Vigo da RGE 65 "A lingua na educación infantil". O 15 de novembro ás 20h. na Libraría Andel.
- Presentación en Ourense da RGE 65 "A lingua na educación infantil". O 21 de outubro ás 17h. na Facultade de C. da Educación.
- Presentación na Coruña do nº 65 da Revista Galega de Educación. Sede da Real Academia Galega o 5 de outubro ás 19:30h
- Presentación en Ourense da RGE 64. Fac. C. Educación. Xoves, 5 de maio de 2016. 12 h.
- Presentación en Santiago da RGE 64. Libraría Couceiro. Mércores, 4 de maio de 2016. 19.45 h.

Presentación do número
A EDUCACIÓN E OS SERVIZOS SOCIAIS NO COMPROMISO CO BENESTAR E A XUSTIZA SOCIAL
 
Con moita ilusión presentamos este monográfico dedicado á educación nos servizos sociais, ou máis exac­tamente a continuar reivindicando a función relevante e indispensable que lle corresponde á educación, a través das súas e os seus profesionais, neste ámbito orientado á universalización do benestar social da po­boación. Unha perspectiva educativa dos servizos sociais que, tras experimentar notables avances desde os inicios da democracia, necesita a día de hoxe de novas lecturas, tanto no tocante a garantir e incrementar desde as políticas socioeducativas e prácticas profesionais as oportunidades que teñen as persoas para go­zar dunha vida digna e exercer os seus dereitos cidadáns, como na promoción da corresponsabilidade dos diversos axentes que actúan nos territorios tecendo redes comunitarias dun modo sistemático e colaborativo.

(máis información)

Abstracts do monográfico
Educación e servizos sociais

Editorial
ABERTO O DEBATE SOBRE O PACTO EDUCATIVO

A inestabilidade legal con respecto ao marco xeral de política educativa no Estado español é evidente: a desautorización e revisión da LOXSE, o intento da LOCE, a posterior LOE e máis recentemente a LOMCE, así o revelan. O convencemento social e político sobre a nece­sidade de elaborar unha nova lei con carácter de orgánica é tamén ben evidente, a pesar dal­gunhas resistencias opostas polo PP.

(máis información)

Hemeroteca 2ª época (2005- )
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4
Núm. 66. Infancias, desprotección social e educación (sumario-abstracts)
Núm. 65. A lingua na Educación Infantil (sumario-abstracts)
Núm. 64. Ensinar... non sen a poesía (sumario-abstracts)
Núm. 63. Educando coas matemáticas (sumario-abstracts)
Núm. 62. Redes sociais e ensino (sumario-abstracts)
Núm. 61. Afirmando a escola pública (sumario-abstracts)
Núm. 60. Ponte... nas ondas! ... da lusofonía (sumario-abstracts)
Núm. 59. O reto de aprender nos cárceres (sumario-abstracts)
Núm. 58. Cooperación e desenvolvemento (sumario-abstracts)
Núm. 57. Aprendemos con Rosalía (sumario-abstracts)
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4

A Revista Galega de Educación

A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.

Pero a partir do ano 1997, algúns problemas, en particular ligados á produción editorial, fixeron entrar en crise todo o proceso de elaboración da revista -redacción, produción e difusión-. Así, en maio do ano 2000, a situación vese sometida a unha revisión, xa iniciada con algunha anterioridade, no seo de Nova Escola Galega, a resultas da cal se decide interromper provisionalmente a edición, cando se levaban editados 33 números e a publicación gozaba dun ampla difusión e recoñecemento profesional e social.

A RGE, que iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa -de periodicidade cuadrimestral-, defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.

A RGE pretende tamén contribuír a articular e a ofrecer instrumentos de expresión e comunicación escrita ao conxunto de sectores profesionais e sociais que postulan orientacións e supostos construídos ao amparo do modelo de Escola Pública. Pretende axudar, por tanto, a impulsar un clima e unha mentalidade pedagóxicos propicios -desde a perspectiva teórica, didáctica e metodolóxica- para acadar un sistema educativo público, galego, renovado e democrático.

Na hemeroteca pódese acceder aos números da RGE ata o 42 (incluído). A partir deste número aparecen só os sumarios. En breve poderase acceder a todos sendo subscritor/a.



ENTREVISTA A MICHAEL APPLE
Entrevista de Antía González Ben a Michael Apple (separata do núm. 60 da RGE)

Hemeroteca 1ª época (1986-1999)
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4
Núm. 33. Educación e dereitos humanos
Núm. 32. Escola e sociedade da información
Núm. 31. A educación infantil
Núm. 30. Programas educativos europeos
Núm. 29. Orientación escolar e titoría
Núm. 28. Educación teatral
Núm. 27. Educación social
Núm. 26. No centenario de Celestin Freinet
Núm. 25. A normalización da lingua na encrucillada
Núm. 24. As avaliacións
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4

Avance do próximo número

Avance do núm. 68: Os videoxogos (título provisional)
Percibir a tecnoloxía como un aliado que facilita a vida require principalmente interese, predisposición ou motivación por aprender, tempo, comprensión e certa rutina no uso. E segundo o caso, precísase tamén unha persoa ou persoas pacientes con máis coñecementos, que ensinen ou guíen na súa utiliza ... (ler)

Cómo subscribirse

Prezo de susbcrición anual: 34 € (3 números/ano)
Prezo de susbcrición anual asociados/as de NEG: 30€ (3 números/ano)

 

Se aínda non estás subscrita/o podes facelo enviando por correo electrónico ou ordinario este boletín de subscrición:

Boletín de subscrición

 

Se queres máis información sobre o proceso de subscrición contacta con nós no seguinte correo:

neg@neg.gal



Tarifas de publicidade

Puntos de venda da RGE

Normas de publicación

ORGANIGRAMA RGE




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com