Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 I Xornadas da Música nas Artes 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
· Boletín de inscrición
· Programa
· Cartel

Presentación

Xustificación e obxectivos da actividade

 

O que tentamos facer con esta actividade é mostrar a música desde diferentes puntos de vista e, tamén, as súas posibles aplicacións en distintos ámbitos de traballo ou mesmo de lecer. A música ten, dende sempre, unha importancia social e cultural, pero tamén sensorial e mesmo corporal. É moi diferente a súa aplicación nos diferentes eidos: cine, literatura, educación... pero en todos eles a une un denominador común: é transmisora de sensacións, ideas, imaxes...

A característica máis innovadora da actividade é que lles permitirá aos asistentes achegarse á música e ás súas características desde diferentes puntos de vista e, ademais, terá unha elevada carga práctica que permitirá interactuar, practicar, aprender e gozar, así como comprender o noso pasado para aprender de cara ó futuro.

Ademais, contarase con dous obradoiros: un deles está relacionado co coñecemento e coidado da voz, da modulación e o son galego, aprendendo tanto técnicas de canto como a falar sen forzar o noso aparello fonador. Por outro lado está o obradoiro de percusión para traballar a coordinación, o ritmo e para coñecer os diferentes instrumentos percutivos que se empregaron na nosa terra ó longo do tempo como puideron ser, en moitas ocasións, os aparellos de labranza.



Documentación

Ficha técnica

Nome da actividade: I XORNADAS DA MÚSICA NAS ARTES. Historia, cinema, literatura, educación.

Datas e lugar de celebración
: 13 e 14 de decembro do 2013. LUG2 (Lugo)

Custo da matrícula
:
Ata o 8 de decembro de 2013:
Socios/as de Nova Escola Galega: 20 euros.
Desempregados/as: 30 euros.
Cota ordinaria: 40 euros.

A partir do 9 de decembro de 2013
:
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 euros.
Desempregados/as: 40 euros.
Cota ordinaria: 50 euros.

Forma de pagamento: Transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en Nova Galicia Banco: 2080 0300 85 3040089500

Valoración en horas
: 12 horas (Os profesionais da educación, tanto funcionarios como do ensino concertado ou en paro, obtarán a unha certificación homologada pola Consellería de Educación e OU).

Número máximo de participantes: 40, por rigorosa orde de inscrición.

Información, contacto e inscricións
:
Nova Escola Galega
R/ San Clemente 18, baixo.
15705. Santiago de Compostela.
Telf./Fax: 981562577
neg@mundo-r.com





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com